Éxito nos concertos O Solpor



                      Foto: La Voz de Galicia

As 10 da mañá abrían as taquillas do Auditorio Mar de Vigo para despachar as invitacións para os concertos de Pedro Guerra, este xoves 29, e de Uxía e Mikel Erentxun, venres 30, que o Concello de Vigo anunciou esta mesma seman.

Tan só os primeiros 500 privilexiados poideron obter a entrada sendo moitos os que se quedaron coas ganas. É que antes da apertura das bileteiras a cola percorría o Auditorio pasando o complexo hoteleiro.

Para evitar problemas de reventa como os acontecidos nos concertos de Castrelos o Concello de Vigo soamente despachaba dúas invitacións por persoa.

Os concertos comezarán as 20:30 para coincidir co solpor e provocar unha preciosa estampa da Ría de Vigo.

O próximo concerto que abra as bileteiras do Auditorio será a cargo do grupo de música indie Mi Capitán que terá lugar o sábado 7 de setembro e coas invitacións dispoñibles o día 6 dende as 10 da mañá.













Comentarios